A oficina de Correos de Palas de Rei acábase de transformar nunha oficina dixitalizada
A oficina de Correos ubicada na avenida de Ourense de Palas de Rei, acábase de transformar nunha oficina dixitalizada. A informatización, supón un incremento dos servizos disponibles para os veciños que se equiparan aos prestados nas oficinas postais das cidades. Ademais, a oficina estrea nova ubicación na mesma rúa, nun local municipal máis cómodo para a atención ao público.
Cun horario de apertura de 11.00 a 14.00 horas, de luns a venres, a oficina únese á dixitalización de máis de 2.000 puntos de atención ao público de toda España que se irá executando progresivamente.
Esta dixitalización, permite que tanto os residentes en Palas de Rei, como os peregrinos que pasan pola localidade do Camiño de Santiago, poidan realizar novas operación como o envio de diñeiro a España e o extranxeiro, pagar recibos de empresas de servicios, abonar tributos de administracións públicas, realizar xestóns coa DGT ou reintegros e ingresos nas contas do banco.
Ademais, todas as operación de admisión e entrega de correspondencia e paquetes rexístranse dende o primeiro momento no sistema o que permite unha mellor identificación e seguimento de envíos.
O Plan de informatización das oficinas de Correos é un dos proxectos que a empresa pública presentou ó goberno para optar ao reparto de Fondos Europeos, enmarcado nas accións de reto demográfico, tratando de proporcionar a entornos de menos poboación.