A oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas galegas vai estar en Monterroso o 24 de xaneiro
A oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas galegas vai estar en Monterroso o vindeiro 24 de xaneiro. As persoas interesadas en achegarse deben solicitar cita previa no Concello de Monterroso.
Trátase dun punto de atención presencial móbil coa finalidade de prestar un servizo de información e asesoramento para as persoas emigrantes retornadas a Galicia e as súas familias, co obxecto de responder as demandas e necesidades derivadas do retorno.
Con este novo recurso, a Secretaría de Emigración reafirma o seu compromiso con facilitar o retorno dos galegos e as súas familias, fortalecendo os lazos coa comunidade galega no mundo.
Esta oficina móbil, que complementará ás xa existentes oficinas permanentes, ofrecerá unha ampla gama de servizos como o asesoramento personalizado, a información sobre Programas de Retorno, a xestión de trámites, orientación laboral e profesional ou soporte en materia de vivenda e educación.