A Oficina Rural de Friol remata as súas obras de mellora
TerraChaXa | LugoXa
A Oficina Rural de Friol vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un orzamento de 32.
29 Xan 2024
A Oficina Rural de Friol vén de rematar o proceso de mellora das súas instalacións a través dunha actuación promovida pola Consellería do Medio Rural, para a que se destinou un orzamento de 32.258,46 euros.
As melloras correspondéronse con varias actuacións nas que acometeron tarefas de pintura, a renovación da carpintería exterior e a substitucións de luminarias dentro das oficinas.
O obxectivo desta actuación, incluída no Plan de Infraestruturas da Consellería do Medio Rural, é ofrecer unha mellor atención á cidadanía e aos traballadores da propia oficina, que se atopa na avenida da Coruña desta vila. Nela, préstanse atención xeral á cidadanía nas materias da súa competencia, ademais de servizos agrarios e veterinarios.