A ONG Escola Shantidi inaugura unha mostra fotográfica sobre os seus proxectos en India

LugoXa
A exposición repasa o labor da entidade desde a súa fundación e visibiliza actividades de sensibilización en Lugo
shantidi-mostra-Lugo
11 Sep 2025

A ONG Escola Shantidi inaugura mañá na Sala 4 do Centro de Artesanía e Deseño unha mostra fotográfica que repasa o labor que desenvolve na India desde a súa creación en 2016.

A través de imaxes tomadas por voluntarias e colaboradoras, na súa maioría lucenses, a exposición pretende socializar a experiencia, coñecemento e aprendizaxe adquirida pola entidade en proxectos centrados en hixiene, nutrición e escolarización.

Ademais, a mostra visibiliza as actividades culturais e de sensibilización social que a ONG realiza en centros educativos de Lugo e noutros puntos da provincia, como Monterroso e Friol, alcanzando a preto de mil nenas e nenos.

A inauguración conta coa participación da presidenta da oenegué, Teresa Vila, e de persoas voluntarias e colaboradoras, e inclúe a presentación dos detalles dunha viaxe á India que a entidade organiza para o próximo ano.

⚙ Configurar cookies
0.06454610824585