A Operación Quilo que se celebra no Barrio da Milagrosa atende ás necesidades de 400-500 familias

LugoXa
La Operación Quilo que se celebra en el Barrio de la Milagrosa atienda a las necesidades de entre 400 y 500 familias de la provincia de Lugo.
recollida alimentos gadis supermercado
17 Dec 2021

A Asociación de Veciños, Comerciantes e Industriais da Milagrosa celebra dende fai máis de 30 anos no Barrio da Milagrosa e para toda a zona norte da cidade, preto de 50.000 habitantes a chamada Operación Quilo, unha actuación solidaria que trata de socorrer ás familias máis necesitadas.

A Asociación atende entre 400 e 500 familias tanto da zona da Milagrosa e zona norte da cidade como do resto de barrios, zonas rurais e concellos limítrofes como Outeiro de Rei, Friol, Rábade e zonas de Sarria, Terra Chá e concellos da montaña.

Encárganse de distribuir alimentos de primeira necesidade como a froita, os embutidos, o aceite, a pasta, artigos de Nadal e, a maiores roupa e calzado para axudar a paliar as necesidades nuns momentos de precariedade como o actual.

A Operación Quilo foi precursora en Lugo e copiada en diferentes puntos do país.

Os interesados en recibir estas axudas puideron anotarse os días 9, 10, 13, 14 e 15 de decembro no local da Asociación e este domingo día 19 realizarase a Caravana na cal se informará onde poden facer entrega de alimentos, roupa, calzado e xoguetes.

Neste momento teñen caixas de recollida de alimentos nos supermercados Gadis de Rúa Ourense e da Avenida da Coruña, Eroski de Camiño Real e Rúa Milagrosa. Tamén recollen no Local Social da Asociación de Veciños,Comerciantes e Industriais da Milagrosa na Rúa Luís Ameijide, 10 Entresollado C.

O obxectivo nesta campaña é o de recoller máis de 6.000 quilos de alimentos que serán repartidos a partir do día 28 de decembro ás familias anotadas. As bolsas conterán arredor de 15 quilos por bolsa ademais de roupa e calzado. A entrega de xoguetes levarase a cabo o vindeiro día 4 de xaneiro.

Como en anos anteriores colaboran nesta campaña a Confederación de Empresarios de Lugo CEL, contactando coas empresas asociadas para animalas a realizar doazóns. Tamén colabora o Centro Educativo Galén, onde os alumnos de Segundo da ESO dentro do programa de Educación en Valores, desenvolven a campaña co obxectivo de conseguir unha compra para cada familia que o necesite.

0.21961903572083