A Orquestra Cinema actuará en Guntín o 17 de outubro

LugoXa
O grupo ofrecerá un espectáculo musical e festivo, levando música e animación ao municipio
Orquesta-Cinema
28 Sep 2025

Guntín foi seleccionado como concello gañador do Xanela Fest, o que permitirá que o vindeiro 17 de outubro actúe no municipio a Orquestra Cinema.

Este grupo destaca pola súa capacidade de combinar música en directo con animación e espectáculo, creando unha experiencia festiva e participativa que involucra a toda a audiencia.

O Concello de Guntín agradeceu o apoio recibido para facer posible este evento, que traerá música, diversión e troula a veciños e visitantes, consolidándose como unha das citas culturais máis destacadas do outono no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.14247393608093