A orquestra Olympus e Los Satélites actuarán durante as Festas das Gándaras

LugoXa
As celebracións desenvolveranse do 14 ao 19 de marzo, con música, maxia, actividades infantís e unha churrascada popular
Presentación-festas-As-Gándaras-Lugo
11 Mar 2025

Veñen de ser presentadas as festas de San Xosé das Gándaras, que este ano se celebrarán entre o 14 e o 19 de marzo cun amplo programa de actividades para todos os públicos.

A programación inclúe verbenas amenizadas por recoñecidas orquestras, como Olympus, que actuará o venres 14, e Los Satélites, que subirán ao escenario o sábado 15. Ademais, haberá pasarrúas, carruseis, unha festa infantil, unha sesión de maxia a cargo do mago Rafa, merenda para os máis pequenos e unha churrascada popular aberta a toda a veciñanza.

O luns 17, os festexos terán tamén un carácter interxeracional, coa actuación da artista Ayxa Romay na residencia de maiores da Xunta situada no propio barrio das Gándaras.

Como colofón, os festexos en honra a San Xosé completaranse coa segunda Xuntanza de Tunas As Gándaras, que se celebrará os días 21 e 22 de marzo. As tunas participantes ofrecerán actuacións polas rúas e bares do barrio, na residencia de maiores e no local social, onde pecharán o encontro cun concerto o sábado a partir das 19,30 horas, con entrada libre.

O delegado territorial, Javier Arias, destacou o “patrocinio único” do Goberno galego e o seu compromiso coa dinamización social e económica dos barrios.

Arias puxo en valor a importancia destas celebracións “non só como evento lúdico, senón tamén como ferramenta para fortalecer o tecido social e preservar as tradicións”. Lembrou tamén a aposta da Xunta por apoiar tanto grandes festivais, como o Caudal Fest, como festas de barrio e das parroquias rurais da provincia.

⚙ Configurar cookies
0.07226300239563