A orquestra Panorama protagoniza a Festa da Xuventude de Guntín

LugoXa
A partir das 18.00 horas haberá festa infantil e festa da espuma a cargo de total sport para todos os cativos
Festa-da-Xuventude-de-Guntin-
30 Xul 2024

O Concello de Guntín celebra a III Festa da Xuventude este mércores. A partir das 18.00 horas haberá festa infantil e festa da espuma a cargo de total sport para todos os cativos e cativas. Xa pola noite será a quenda da verbena coa orquestra Panorama e Coco Music cos Djs Marcos Magán e Casanova.

Ademais, nesta mesma xornada, terá lugar a trixésima edición da Festa da Terceira Idade no polideportivo do CPI Tino Grandío á que están convidados todos os xubilados do concello e persoas maiores de 65 anos. O programa comeza ás 13.30 horas cun concerto da banda municipal de Guntín no pavillón do colexio como antesala ao xantar que será ás 14.00 horas.

guntín_xuventude
0.11013293266296