A Orquestra Sinfónica Vigo 430 dá un concerto no Círculo de las Artes este sábado

O próximo sábado 22 de marzo de 2025, ás 20.00 horas, o Círculo das Artes de Lugo acollerá un concerto da Orquestra Sinfónica Vigo 430, baixo a dirección de J. L. López-Antón e coa destacada participación da violinista Sonoko Miriam Welde.
O programa do concerto incluirá dúas grandes obras do repertorio clásico. En primeiro lugar, a orquestra interpretará o Concerto para violín en Mi menor, Op. 64 de Felix Mendelssohn, unha das pezas máis emblemáticas para este instrumento. Posteriormente, dará paso á Sinfonía nº 2 de Johannes Brahms, unha obra que se caracteriza pola súa profundidade emocional e a súa complexidade estructural.
Este evento, organizado pola Sociedade Filarmónica de Lugo, promete ser unha cita destacada para os amantes da música clásica na cidade.