A paramense Pura López presentará o seu libro esta tarde en Portomarín

LugoXa | SarriaXa
'La niña que quería ser pájaro', que xa vai pola segunda edición, narra a historia da loita dunha muller por alcanzar os seus soños e ilusións
Pura-López-escritora-do-Páramo
25 Ago 2024

A escritora do Páramo Pura López, que presentou por primeira vez o seu libro na súa terra natal paramense este venres, tamén o presentará na libraría Rosalía de Castro de Portomarín esta tarde, a partir das 18.00 horas.

'La niña que quería ser pájaro', editado por Círculo Rojo Editorial, e que xa vai pola segunda edición, narra a historia da loita dunha muller por alcanzar os seus soños e ilusións; unha lección de tesón, perseverancia e humanidade. A historia dunha nena dunha pequena aldea do interior de Galicia, que tras emigrar a Barcelona consegue cumprir os sonos que tiña de nena.

“Decidimos realizar esta presentación para dar a coñecer a publicación dunha persoa moi próxima a nós, que nunca esqueceu a súa terra e que todos os anos nos visita cando volve ao concello veciño do Páramo. Ademáis, esta é a historia de miles de persoas que tiveron que abandoar a súa terra para poder desenvolver unha carreira profesional plena, é a historia de moitos dos nosos veciños, familiares e coñecidos, que ano tras ano volven a súa terra".

0.21899795532227