A parcelaria de Riomol mobiliza 494 hectáreas, distribuídas en 1.192 parcelas en Castroverde

LugoXa
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada do alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, reuniuse cos veciños interesados na parcelaria de Riomol, situada neste concello lucense e que abrangue unha superficie de 494 hectáreas, distribuídas en 1.
parcelaria riomol castroverde
9 Abr 2024

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, acompañada do alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, reuniuse cos veciños interesados na parcelaria de Riomol, situada neste concello lucense e que abrangue unha superficie de 494 hectáreas, distribuídas en 1.192 parcelas propiedade de 143 titulares.

A directora xeral informou aos asistentes á xuntanza, celebrada no colexio de Riomol, da contratación dos traballos de obtención dos planos parcelarios, así como da preparación das bases e do plan de ordenación de predios de especial vocación agraria, correspondentes a este proceso. O orzamento previsto para estes labores sitúase nos 50.000 euros.

Así, a definición do parcelario suporá a correcta concreción cartográfica da totalidade das parcelas, a rede hidrográfica, as construcións, a rede viaria e os elementos topográficos singulares, así como a delimitación do perímetro definitivo da zona de reestruturación. En canto á investigación da propiedade, consiste na recollida dos datos persoais dos propietarios, así como na recompilación da documentación acreditativa do dominio das parcelas a favor de quen as posúa en concepto de donos e a das súas posibles cargas ou gravames.

O obxectivo de todos estes traballos é o de poñer en valor o territorio. Así, a través dos diferentes mecanismos da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia e as reestruturacións parcelarias, a Xunta leva xa mobilizadas en total 35.000 hectáreas en toda a comunidade nos últimos catro anos.

0.18339014053345