A parroquia de Lestedo, en Palas de Rei, celebrará o Santiago Apóstolo os días 20, 24 e 25
LugoXa
A festa comezará este sábado ás 21.30 horas cunha gran churrascada popular
Cartel
19 Xul 2024
A parroquia de Lestedo, en Palas de Rei, acollerá as festas na honra de Santiago Apóstolo durante esta semana.
A festa comezará este sábado ás 21.30 horas cunha gran churrascada popular amenizada por Nanny Romero e Disco Móvil Deluxe. Para a cea haberá que reservar chamando ao teléfono 617 014 119.
O mércores 24 será a quenda da misa ás 13.00 horas e a sesión vermú a cargo de Mar de Arousa, que, xunto a DJ Maikstyle, estarán na verbena. Pola noite haberá un sorteo dunha estancia para dúas persoas.
O xoves 25, propio día do Santiago, volverá a misa solemne ás 13.00 horas, seguida de procesión e sesión vermú co dúo Elixir.