A parroquia de Mougán, en Guntín, celebra as patronais

LugoXa
Comezarán o venres cunha churrascada coa mísica de Fussion
festas-en-mougan
16 sep 2024

A localidade de Mougán, en Guntín, está de festa esta fin de semana na honra ao Santo Anxo e á Virxe da Merced.

As celebracións darán comezo o venres 20 cunha churrascada popular que estará amenizada polo grupo Fussion.

O sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas para dar paso á sesión vermú, que contará coa orquestra Galaxia, a mesma que se ocupará da verbena pola noite.

O domingo haberá dous oficios relixiosos ás 10.00 e ás 11.00 horas e a misa dos nenos será unha hora despois, acompañada pola banda de Música de Guntín.

Ás 13.00 horas será a misa maior, na que volverá estar a Banda de Música, antes da sesión vermú, dirixida por DJ Patakiña. Finalizará a xornada cunha sesión de tarde a partir das 19.30 horas.

A organización lembra que haberá colchonetas gratis para os nenos.

0.062106847763062