A parroquia ullá de Facha celebra as súas festas esta fin de semana

LugoXa
As festas na honra á Virxe do Carme de Facha, no municipio de Antas de Ulla, terán lugar entre o sábado 15 e o domingo 16 de xullo.
facha de antas de ulla 2023
12 Xul 2023

As festas na honra á Virxe do Carme de Facha, no municipio de Antas de Ulla, terán lugar entre o sábado 15 e o domingo 16 de xullo.

Así, esta parroquia comezará as celebracións con pasacalles, misa solemne ás 13.00 horas e procesión, seguida de sesión vermú coa charanga Eravisto. Pola noite haberá verbena amenizada pola mesma charanga e o DJ David Expósito. Tamén haberá un sorteo presencial dun cordeiro.

Na xornada do domingo haberá oficio relixioso ás 12.00 horas e a continuación sesión vermú a cargo da banda de Antas de Ulla.

facha de antas de ulla 2023
0.098462104797363