A partir do luns dará comezo a renovación do asfalto na Avenida da Coruña

LugoXa
O proxecto, anunciado polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo, responde ao obxectivo de atender as reclamacións veciñais e mellorar as infraestruturas viarias da cidade
renovación-do-asfalto-da-Avenida-da-Coruña
29 Mar 2025

A partir do vindeiro luns dará comezo a renovación do asfalto na Avenida da Coruña, no tramo comprendido entre as rúa Perpetuo Socorro e Illas Cíes.

O proxecto, anunciado polo tenente de alcalde, Rubén Arroxo, responde ao obxectivo de atender as reclamacións veciñais e mellorar as infraestruturas viarias da cidade, tanto en zonas urbanas como periurbanas.

Os traballos levaranse a cabo en dúo fases para minimizar o impacto no tráfico. Deste xeito, garantirase a circulación en ambos sentidos, habilitando itinerarios alternativos para os condutores. A duración prevista das obras é dunha semana.

Para os vehículos que accedan á cidade pola Avenida da Coruña, recomendánse as seguintes vías alternativas:

  • Rúa Monte Faro e Avenida Infanta Elena.
  • Avenida Reverendo Xosé Fernández Núñez, Rúa Alfredo Vila, Rúa Curros Enríquez e Rúa do Camiño Real.
  • Rúa Illas Cíes, Rúa Alexandre Bóveda e Rúa Otero Pedrayo.

Co fin de minimizar as afeccións nas líneas de autobuses urbanos, manterase en todo momento a posibilidade de xiro á esquerda en Avenida da Coruña cara a Rúa Illas Cíes. Para iso, restrinxirase o estacionamento nas primeiras prazas de aparcamento desta rúa durante o tempo que duren as obras.

Ademais, para facilitar as manobras de xiro dos autobuses urbanos en Rúa Poeta Curros Enríquez cara a Rúa do Camiño Real, tamén se restrinxirá o estacionamento nas primeiras prazas de aparcamento do marxe dereito desta rúa.

As rúa Mallorca, San Lourenzo e Perpetuo Socorro veranse afectadas cun acceso restrinxido exclusivamente a residentes, xa que estas quedaran sen saída cara á Avenida da Coruña debido aos traballos. Para facilitar o tránsito destes residentes, habilitarase unha circulación en dobre sentido de maneira provisional.

A intervención consistirá na aplicación dunha nova capa de rodadura con mestura asfáltica en quente, asegurando un selado eficaz do firme contra a auga superficial e garantindo unha maior durabilidade da vía. Unha vez finalizado o asfaltado, procederáse á renovación da sinalización horizontal.

⚙ Configurar cookies
0.12802195549011