A pasarela Tanxurela ilumínase como mostra de apoio a Ucrania

LugoXa
La pasarela Tanxurela se ilumina este fin de semana de los colores de la bandera de Ucrania como muestra de apoyo.
Inauguración pasarela N VI (1)
27 Feb 2022

A pasarela Tanxurela, recentemente inaugurada, manterase esta fin de semana iluminada coas cores da bandeira de Ucraína, amarelo e azul, en favor da paz e a democracia. A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, manda así unha mensaxe de solidariedade da cidadanía lucense coa poboación deste país, agora en guerra, incidindo na necesidade de resolver o conflito a través dunha xestión pacífica onde a diplomacia e o diálogo sexa a vía a seguir.

Esta iluminación manterase ata o día 28, xornada na que se conmemora o Día Internacional das Enfermidades Raras, polo que a iluminación cambiará a cor verde. Neste caso tamén se iluminará a fachada da Casa Consistorial. O Concello de Lugo, colabora nesta iniciativa tras a petición da Asociación Galega da Enfermidade de Dent- Art for Dent.

0.20282602310181