A Pastoriza pasa a estar en alerta alta e Meira queda con Chantada na media
RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O comité clínico que asesora á Xunta na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar cambios no establecemento de restrición.
30 Apr 2021
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, vén de acordar cambios no establecemento de restricións nos concellos da provincia de Lugo.
Así, A Pastoriza ascenderá ao nivel de alerta alto tralo crecemento experimentado nos últimos días.
Por outra banda melloran a situación para Meira, que baixa ao nivel medio, onde seguirá Chantada unos días máis debido ao gromo detectado.
Por outra banda, os concellos de Barreiros e Trabada, que estaban en alerta media, quedarán fóra do sistema de control
O sistema de alerta, que está establecido en 4 niveis, cambiará a partir da madrugada do próximo luns e quedará do seguinte xeito:
- Máxima. Para incidencia maior de 500 casos por 100.000 habitantes.
- Alta. Para incidencia de 250 a 500. A Pastoriza.
- Media. Para incidencia de 150 a 250. Meira e Chantada.
- Baixa. Por debaixo de 150. O resto da provincia.