A Peña Breogán cumpriu esta tempada 30 anos

LugoXa
A Peña Breogán cumpriu esta tempada 30 anos. Comezou con 15 rapaces de instituto pero conta actualmente con 70 socios
pena breogan 2
8 Mar 2022

Comezou con 15 rapaces de instituto pero conta actualmente con 70 socios de todas as idades, o máis pequeno, Gael, de catro anos.

Era a tempada 1991/1992 cando un grupo de amigos que animaban ao club de baloncesto local lucense, o Club Breogán, xuntáronse pola súa afección e crearon a coñecida a día de hoxe como Peña Breogán.

Todo comezou con Miguel Martín, dono dunha das pastelerías máis importantes de Lugo, a Pastelería Martín, e un dos actuais adestradores do Leite Río Breogán, Javier Muñoz, que por aquel entón era un adolescente.

A finais da tempada 1994/1995 aconteceron dous fitos importantes para o grupo lucense, o primeiro foi que se lles uniu a Peña Montecalvo e,  a segunda, que Julio Vila, un dos siareiros máis coñecidos e queridos polos seguidores do club e que faleceu en 2009, xuntouse e tomou as rendas do grupo.

Esta Peña  animou e anima a grandes xogadores do Breogán, como foi o lucense Manel Sánchez, un xogador nacional que facía unha media de 17,795 puntos por partido, superando as marcas de Juan Antonio San Epifanio Epi ou Alberto Ferreiros.

O seu obxectivo é o de apoiar e dar colorido e ambiente ao Club alá onde vaian e para iso contan cuns 20 bombos cos que animan todos os partidos dos celestes así como as súas particulares bufandas  e tanto é así que Daniel Dorado, actual vogal da entidade, di que “viáxase e viaxouse moito e onde máis xente se desprazou foi a Ourense, onde fumos unhas 50 persoas aproximadamente. E o viaxe máis longo que fixemos foi a Palma de Maiorca”.

Miguel Martín tamén lembra con agarimo a Tita Franco, ex xogadora de baloncesto e ex-directiva do Breogán, “que sempre quixo que non desaparecera a Peña”.

Todas as peñas do Breogán entregan, desde 2015 e coa excepción de 2020 pola pandemia, un premio ao que os seareiros do club consideran o xogador máis destacado da tempada.

Sempre foron unha asociación moi involucrada no tecido social lucense e por iso en moitos partidos  colaboran con Somos Unidos por el Cáncer, unha asociación fundada por José e Marián, dous membros da Peña.

Un dos lugares aos que acudían e nos que se xuntaban era o Mesón de Lourdes na Acea de Olga que “era onde víamos os partidos televisados, tomabamos algo ao saír e incluso algunha vez picabamos ao final da tempada cos xogadores”, di Martín, pero xa fai un tempo que mudaron a La Mesa del Cocinero e A Laxa.

Así mesmo, todas as peñas do Breogán entregan, desde 2015 e coa excepción de 2020 pola pandemia, un premio ao que os seareiros do club consideran o xogador máis destacado da tempada e que leva por título Julio Vila.

Nesta tempada, 2021/ 2022 cumpren 30 anos da súa existencia na categoría superior do baloncesto en España, a coñecida como ACB, e teñen pensado facer un xantar de confraternización aínda que están á espera das restricións sanitarias.

Ao principio da súa andaina eran uns 14 ou 15 rapaces de instituto pero agora contan cuns 70 socios de todas as idades e que viaxan por toda a Península para poder desfrutar do baloncesto. Teñen ademais varios socios moi novos como é o caso de Gael Pérez, que ten 4 anos e que di que o seu soño é o de apoiar ao seu equipo como fan os seus pais e facer así referencia a súa bufanda, Sempre fieis.

Colabora Diego Rouco

0.20448803901672