A peonalización da Mosqueira está chegando ao seu fin

LugoXa
La peatonalización de A Mosqueira está llegando a su fin. En las próximas semanas terminarán las obras en la Ronda de la Muralla.
peonalizacion mosqueira ruben arroxo alexandre penas
20 Xan 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, visitaron a Mosqueira onde puideron comprobar os avances realizados na peonalización deste treito da Ronda da Muralla nas últimas semanas. Arroxo afirmou que "os traballos avanzan a bo ritmo, e en poucas semanas a veciñanza de Lugo poderá desfrutar deste novo espazo peonil". O tenente alcalde explicou que “desde o Goberno de Lugo marcámonos como prioridade o remate desta actuación nas vindeiras semanas”.

A nova praza contará cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas. O tenente alcalde explicou que “isto permitirá mellorar a percepción do monumento e abrir á veciñanza un dos espazos máis simbólicos da cidade”.

A nova praza peonil resultante será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. Rubén Arroxo lembrou que "esta actuación servirá como espello de como se pode humanizar o entorno do monumento máis importante de Lugo coa retirada de vehículos".

"Unha das liñas de traballo da área de Mobilidade, da que é protagonista a peonalización do tramo da Mosqueira, é retirar progresivamente os vehículos da Muralla, dando así solución ás vibracións que están a converterse nun problema para a estrutura, tal e como advertiu o ICOMOS", lembrou o Tenente Alcalde.

0.059316873550415