A piques do remate da peonalización de Rafael de Vega, en Lugo

LugoXa
Avanzan a bo rit área de Mobilidade e Infraestruturas inviste 221.427€ nesta actuación, que garante a accesibilidade para as persoas da zona
Rafael de Vega
4 Xul 2022

O tenente de alcalde e concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Rubén Arroxo, visitou a rúa Rafael de Vega xunto edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas. Arroxo informou sobre os avances do traballo realizado, e indicou que “nos vindeiros días procederase a instalar o novo mobiliario urbano do novo espazo peonil, o que supón un dos últimos pasos antes do remate completo da renovación da rúa”.

"Trátase dunha zona da cidade que conta con moita poboación e que ata o de agora non tiña zonas adicadas ao uso e desfrute da veciñanza", explicou Rubén Arroxo, que engadiu "gañar novos espazos para o uso das veciñas e veciños é un dos proxectos no que máis estamos a traballar desde o Goberno de Lugo, planificando actuacións nos distintos barrios".

A solución executada polo Goberno de Lugo permitiu crear unha zona uniforme e contínua, cunha praza que favorece o carácter peonil do conxunto, mantendo a presenza de árbores e de zonas de sombra. A nova zona peonil inclúe novo alumeado ornamental a nivel do chan, que aumenta o ambiente cálido e acolledor desta nova zona. O espazo central organizouse en forma de grada urbana, e estará dotado de elementos de mobiliario urbano e papeleiras.

0.14927196502686