A Piringalla prepara o Lume Novo, a festa do becerro ao espeto

LugoXa
O barrio da Piringalla prepara o programa para o San Xoán nunha xornada na que o becerro ó espeto volverá a ser o protagonista
fogueira-san-xoan
Imaxe de arquivo
19 Xuño 2024

O barrio da Piringalla prepara o programa para o San Xoán nunha xornada na que o becerro ó espeto volverá a ser o protagonista. A cita será o vindeiro 23 de xuño a partir das 20.30 para repartir o becerro, pementos e bebidas. Os asistentes tamén poderán gozar da actuación da orquestra Super Top e a medianoite prenderase a fogueira do San Xoán.

A partir das 23.15 horas haberá sorteo de 200, 100 e 50 euros e o prendido da fogueira será a partir das 00.00 horas. O evento está organizado pola Asociación Cultural Deportiva San Isidro da Piringalla. A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu a presentación da XXIII edición do Lumenovo, a auténtica festa do Becerro ao espeto.

O acto contou coa participación da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, así como do delegado territorial, Javier Arias, e unha nutrida representación da Asociación de Veciños, co seu presidente, Ricardo Varela, á cabeza. Os representantes da Xunta gabaron o labor da entidade e a traxectoria desta festa, que desde hai máis de dúas décadas concita na Piringalla a veciños e veciñas de toda a cidade. Explicaron que a Xunta tamén colabora coa asociación noutras actividades que realizan ao longo do ano, como as festas de San Isidro.

 

0.20159697532654