A piscina pública de Palas de Rei acollerá clases de natación
A piscina pública municipal de Palas de Rei acollerá, a partir do 24 de xullo e os luns, mércores e venres, clases de natación. Todos os interesados en aprender a nadar deberán inscribirse nas instalacións da piscina ata o día 14 de xullo e deberá exisitir un grupo de mínimo 5 persoas.
O horario de apertura da piscina será os días laborables de 12.00 a 20.00 horas, e os sábados, domingos e festivos de 16.00 a 20.00 horas.
Por outra banda, todos aqueles que desexen utilizar as súas instalacións deberán facer un carné familiar, que ten un custo de 6,29 euros para os veciños do municipio e de 15,71 para os non residentes, nas oficinas municipais.
En caso de non telo, as persoas que desexen asistir terán que pagar unha taxa (0,52 euros os veciños do municipio e de 1,05 os non residentes cada día que vaian á piscina.