A Plataforma Feminista de Lugo convoca unha concentración contra a sentencia do caso de Baleira

A Plataforma Feminista de Lugo convoca unha concentración para o vindeiro xoves 2 de febreiro ás 20.00.
O acto terá lugar diante da Audiencia Provincial de Lugo tras darse a coñecer a sentencia polo caso de abusos sexuais a unha menor en Baleira.
Dende a plataforma animan a cidadanía manifestarse para esixir cambios "nun sistema xudicial patriarcal".