Marica Campo, Chus Antas e Estrela Ramil reinvidicarán o 8M coa lectura do manifesto en Lugo

LugoXa
A Plataforma Feminista de Lugo está a traballar para que Lugo tome as rúas da cidade este venres, xornada na que convocan unha manifestación feminista con motivo do 8M, Día Internacional da Muller.
6 Mar 2024

A Plataforma Feminista de Lugo está a traballar para que Lugo tome as rúas da cidade este venres, xornada na que convocan unha manifestación feminista con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. A concentración baixo o lema "Contra a cultura machista, educación feminista" comezará no edificio multiusos da Xunta de Galicia a partir das 20.00 horas e finalizará na praza de Santa María.

Na praza levarase a cabo a lectura do Manifesto, que este ano vai ser compartido por tres mulleres lucenses: a  insigne escritora e poeta lucense Marica Campo, a traballadora do sector da limpeza Chus Antas e a feminista internacionalista Estrela Ramil.

Posteriormente, despedirase a xornada cunha pinchada a cargo da DJ lucense, Tonita DJ. A temática de este ano baséase "na enorme importancia da educación para rematar coas desigualdades e as violencias machistas, na procura dun mundo máis xusto e igualitario", explican dende o colectivo. Esta proposta súmase ao resto de iniciativas que están a desenvolver por parte do colectivo como a  Segunda Asamblea Aberta, organizada o sábado 24 de febreiroa no centro Madia Leva, na rúa Serra dos Ancares.

0.11572504043579