A Plataforma Feminista manifestouse contra a privatización das interrupcións do embarazo
A Plataforma Feminista de Lugo realizou na tarde de onte unha concentración celebrada no Hula contra a privatización das interrupcións voluntarias do embarazo e reclamando "o dereito ao aborto libre, seguro, universal e gratuíto na sanidade pública".
As manifestantes reclaman á Xunta que garanta unha materia no ensino obrigatorio con contidos específicos sobre educación afectivo-sexual, relacións, identidade e xéneros. Tamén piden a creación dunha liña de programas de formación e divulgación sobre dereitos sexuis e reprodutivos a través do CIM e en colaboración coas entidades locais.
Reclamaron tamén con esta concentración campañas específicas de acceso a anticonceptivos e programas de educación afectivo-sexual a través dos centros Quérote+ e un incremento de matronas na sanidade pública.