A plataforma ‘Por un monte galego con futuro’ convoca concentracións contra a política forestal da Xunta

LugoXa | TerraChaXa
As mobilizacións celebraranse o 21 de agosto en Lugo, Monterroso e Vilalba en denuncia da xestión do PP e os incendios forestais
incendio-ribadavia-2
20 Aug 2025

A plataforma cidadá Por un monte galego con futuro convocou varias concentracións para o xoves 21 de agosto en diferentes puntos da provincia de Lugo co obxectivo de protestar contra a política forestal da Xunta, que consideran responsable da situación dos montes e dos reiterados incendios que afectan tamén ás vivendas.

As mobilizacións desenvolveranse en Lugo, diante do edificio da Xunta ás 20.00 horas, en Monterroso, diante do Concello tamén ás 20.00 horas, e en Vilalba, na praza da Constitución a partir das 20.30 horas.

Baixo o lema “A política forestal do PP queima os nosos montes, queima as nosas casas”, a plataforma chama á cidadanía a mobilizarse para reclamar un cambio de rumbo na xestión forestal e garantir un futuro sostible para o territorio galego.

⚙ Configurar cookies
0.20956897735596