A Plataforma Ulloa Viva celebrou unha andaina en Palas este sábado

LugoXa
O acto serviu como lembranza da histórica manifestación celebrada fai un ano nesta localidade, onde máis de 20.000 persoas protestaron contra a macrocelulosa
andaina-palas-altri-non
25 May 2025

A plataforma Ulloa Viva quere agradecer profundamente ás decenas de persoas que se achegaron á andaina conmemorativa este sábado, 23 de maio, dende Palas de Rei ata a Finca de Quintas na Vacariza, punto no que se pretende instalar a macrocelulosa de Altri. A ruta discorreu por un tramo do camiño de Santiago francés.

O acto serviu como lembranza da histórica manifestación celebrada fai un ano en Palas de Rei, onde máis de 20.000 persoas alzaron a voz en defensa do noso territorio e en contra da instalación da macrocelulosa de ALTRI. Un ano despois, seguimos con forza.

Tanto á saída como á chegada tivo lugar unha acción simbólica que consistía en despregar unha mensaxe de "Grazas", como mostra de recoñecemento ao éxito da campaña de financiamento colectivo que permitirá financiar a estratexia xudicial da plataforma veciñal.

Diante da finca deuse lectura a unhas palabras cheas de convicción e esperanza: “Xa pasaron 365 días e 13 lúas da histórica manifestación de Palas. Un ano loitando polos nosos sectores produtivos e pola nosa forma de vida,un aniño defendendo esta Terra da terrible ameaza que suporía ALTRI. Un camiño longo,pero lonxe de cansar estamos con máis forza ca nunca para seguirmos pulando pola causa. As xentes deste país xa falaron e ese enorme apoio popular ao movemento #AltriNon será quen de parar este nefasto proxecto que hipotecaría o futuro destas terras e das súas xentes”.

⚙ Configurar cookies
0.21620893478394