A Plataforma Veciñal da Zona Norte pide preservar as beiras do río Rato

LugoXa
Alertan sobre un proxecto de edificación en Paradai e exixen aclaracións públicas sobre posibles conflitos de intereses
zona-inundable-do-río-Rato-na-rúa-Serra-de-Meira-Lugo
20 Aug 2025

A Plataforma Veciñal da Zona Norte da cidade solicitou formalmente que non se autorice ningún tipo de construción nas marxes do río Rato, concretamente na zona de Paradai, no solar do Polígono C.

Segundo a súa xunta directiva, a entidade Suplusa, xa disolta polo actual equipo de goberno da Deputación, foi a responsable de abrir a vía para este proxecto, e foi xestionada no seu momento por un destacado membro do Partido Popular.

Os veciños afirman que, segundo os datos de que dispoñen, o actual Delegado da Xunta de Galicia en Lugo, cando traballaba en Suplusa, podería ter presidido entre 2016 e 2020 a Xunta de Compensación de Propietarios do Polígono C de Paradai, algo que podería xerar un conflito de intereses co seu cargo actual como Xefe Territorial da Consellería de Ordenación do Territorio. A plataforma pide explicacións públicas sobre a compatibilidade destes cargos e sobre a autorización dunha edificación de oito plantas a escasos metros do río.

Ademais, salientan que o PP de Lugo comparte a súa postura de rexeitar a edificación, e preguntan se isto implica diferenzas de criterio internas entre Elena Candia e Javier Arias. A plataforma insiste en que os lucenses merecen transparencia e claridade respecto a este asunto urbanístico que afecta ao patrimonio natural e ao benestar da cidade.

⚙ Configurar cookies
0.18232202529907