A Policía Local cumpre 160 anos en Lugo

LugoXa
Lara Méndez sitúa, no 160 Aniversario do Corpo, a protección á comunidade e o benestar da veciñanza como eixes do labor da Policía Local
Actos `policía local
24 Maio 2022

O Concello de Lugo celebrou hoxe o 160 Aniversario da creación da Policía Local de Lugo. A rexedora, Lara Méndez, presidiu os actos de conmemoración. Unha destacada efeméride que coincidiu hoxe coa celebración do Día de María Auxiliadora, patroa deste corpo.

A xornada arricou ás 10:30 horas, coa formación da Policía diante da Casa Consistorial, onde a rexedora pasou revista co bastón de mando, acompañada polo Intendente Jesús Piñeiro, nuha cerimonia que se recupera logo de dúas décadas sen escenificarse e á que tamén acudiron concelleiros da Corporación Municipal e membros doutras institucións públicas.

Durante o evento, a rexedora, Lara Méndez recoñeceu a entrega da Policía Local á súa profesión, “moi dura e esixente, pero así mesmo gratificante e marcada pola vocación ao servizo da cidadanía e de mellora da vida da xente”.

A alcaldesa fixo tamén unha mención especial ao Intendente da Xefatura, Jesús Piñeiro, condecorado recentemente coa Cruz da Orde do Mérito Civil. Méndez asegurou sentirse “moi honrada de presidir unha Policía Local que, por primeira vez en 160 anos, conta con mulleres na cadea de mandos”.

Durante o acto, no que se fixo un sentido homenaxe aos axentes caídos, a Policía fixo entrega de diferentes galardóns para recoñecer os servizos prestados tanto polos inspectores como polos oficiais do Corpo local.

0.15196800231934