A Policía Local de Lugo poderá intervir en varios aparcadoiros do Estado e da Xunta

LugoXa
"O acordo é o resultado dun enorme traballo colaborativo levado a cabo tanto a nivel técnico como político entre as catro administracións implicadas”, sostivo Miguel Fernández
Xunta-de-Goberno-local-Lugo-Policía
25 Apr 2025

O Concello de Lugo vén de acordar coa Administración Xeral do Estado, a Comunidade Autónoma de Galicia e a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Lugo que a Policía Local poderá levar a cabo determinadas intervencións encamiñadas a garantir a seguridade e o correcto funcionamento do tráfico en dotacións que son de titularidade autonómica ou provincial.

Así, os axentes poderán actuar con totais garantías en todos os aparcadoiros do municipio que dependen da Deputación provincial, como o habilitado no Fogar de Santa María ou o do Pazo de San Marcos, e tamén nos aparcadoiros da Xunta de Galicia nos centros de secundaria de Ramón Ferreiro.

“Estamos realmente satisfeitos. Este concerto permítenos avanzar no constante traballo que desde o Goberno local levamos a cabo para mellorar a seguridade cidadá á vez que melloramos a eficiencia policial. O acordo, que se materializará formalmente unha vez cumprimentado o proceso administrativo, é o resultado dun enorme traballo colaborativo levado a cabo tanto a nivel técnico como político entre as catro administracións implicadas”, destacou o alcalde de Lugo, Miguel Fernández.

“Tras o pactado o xunta de traballo de hoxe, o Goberno autonómico xa non ten escusa para non poñer de inmediato ao dispor da cidadanía os aparcadoiros dos institutos como levamos anos demandado xa que xa os termos sobre os que se asinará o convenio de forma inminente están pechados”, proseguiu o rexedor.

“Gustaríanos que hoxe se puidese acordar tamén o convenio para actuar no aparcadoiro do CIS ou o Hula, pero os representantes autonómicos prefieren xestionalo de forma independente, polo que será necesario regresar para asinar outro novo convenio para esta zonas non canto antes. Instámoslles a avanzar neste asunto coa présa para que se poida materilizar nun curto espazo temporal”, apuntou o rexedor.

Pola súa parte, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que “a Xunta defendeu dende o primeiro momento a necesidade dun convenio que definise as competencias de cada administración e regulase o exercicio das accións en materia de tráfico e seguridade viaria dentro dos aparcamentos dos institutos permitindo, por exemplo, que a Policía Local se encargue da vixilancia e a denuncia das infraccións que se poidan rexistrar nestes espazos de titularidade autonómica”.

O delegado destacou ademais que a apertura dos aparcamentos dos IES Ollos Grandes e Lucus Augusti suporá “unha mellora importante para a mobilidade en Lugo, paliando a necesidade de prazas para estacionar que se rexistra nesa zona”. En total, poranse a disposición dos veciños e veciñas máis de 60 novas prazas.

Ambos os convenios terán unha duración de catro anos unha vez materilizados. Con todo, calquera momento antes da finalización prevista, as partes poderán acordar unanimemente a súa prórroga por un período adicional de ata catro anos.

⚙ Configurar cookies
0.17361688613892