A Porta de San Fernando acolle hoxe un acto conmemorativo polo Día Mundial contra o Cancro

LugoXa
A Asociación Española contra o Cancro celebra hoxe un acto conmemorativo na Porta de San Fernando ás 19.30 polo Día Mundial Contra o Cancro
Acto Dia mundia Cancro portada
3 Feb 2023

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro, que se celebra o 4 de febreiro, este venres 3 de febreiro a Asociación Española Contra o Cancro organiza un acto conmemorativo na Porta de San Fernando ás 19.30.

Baixo o lema Todos contra o cancro esta iniciativa busca concienciar a sociedade e avanzar na prevención, diagnóstico e investigación co obxectivo de acadar un 70% de supervivencia.

Dende a asociación tamén teñen como obxectivo crear un movemento social para involucrar a persoas, empresas e institucións ao redor da loita contra o cancro.

Acto Dia mundia Cancro
0.19764995574951