A poxa nacional, celebrada por Acruga no recinto feiral de Adai do Corgo foi todo un "éxito"

LugoXa
Dos 24 animais poxados vendéronse 21, con bos resultados en xeral, aínda que de forma especial para as 18 xatas procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro
Subasta-Acruga-Adai-O-Corgo
27 Oct 2024

A poxa nacional, celebrada por Acruga no recinto feiral de Adai do Corgo foi todo un "éxito", segundo sosteñen desde a entidade, que celebrou a edición número 102 desta poxa de carácter nacional, na que sacaron tarxetas ata 71 posibles compradores, chegados de varios municipios lucenses, pero tamén doutros concellos de Galicia.

Dos 24 animais poxados vendéronse 21, con bos resultados en xeral, aínda que de forma especial para as 18 xatas procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación. Estes exemplares, xunto á xata dun gandeiro, adxudicáronse a prezos por encima do de saída, fixado en 2.300 euros, o que lanzou un prezo medio de máis de 3.000 euros.

Tamén se venderon os dous machos da nave de testaje e un exemplar dun gandeiro, o que supuxo un prezo medio de 2.833 euros. Tres animais doutros tantos gandeiros quedaron desertos, unha xata e dous touros. En calquera caso, a venda de 21 exemplares, as altas cotizacións e o numeroso público propiciaron un novo éxito nesta poxa nacional, que demeustra que Adai "non defrauda nunca".

O listón de Adai estaba moi alto; de feito, na pasada poxa nacional, celebrada en xuño, logrouse un récord nunca visto: a adxudicación dunha xata en 7.000 euros. En xuño as altas cotizacións lanzaron un prezo medio de 3.130 euros no caso das #xato, e 2.850 dos machos.

Nesta última, os prezos superaron con fartura as cantidades fixadas de inicio, o que provocou unha boa cotización final. Só unha #xato e dous machos, os tres propiedade doutros tantos gandeiros, quedaron desertos. A xata que alcanzou a maior cotización da mañá, 4.500 euros, partía cunha das mellores cualificacións lineais e cun alto índice xenético. Foi adxudicada a unha gandería de Pobra de Trives, en Ourense.

Tal e como explica o presidente de Acruga César Dorado, "sabiamos que había interese por adquirir novos exemplares; hai demanda e hai moito alimento para o gando. Esta sempre é unha boa feira, pero a de hoxe ha concluído con moi bos resultados: de vendas; de prezos e tamén de público, porque veu moito gandeiro e gandeira de fóra de Lugo. Estamos moi satisfeitos", sinalaba Dorado ao termo da poxa.

Así, tal e como explicou o presidente de Acruga, houbo moito posible comprador con explotacións noutras provincias, en municipios como Sobrado, Toques, Pobra de Trives, Castro Caldelas ou Rodeiro. Precisamente, neste último municipio a pasada fin de semana Acruga celebrou a súa primeira poxa e Adai recibiu a visita de catro gandeiros procedentes deste concello.

Tampouco pasou desapercibida a presenza dun gandeiro de Melide que levou sete xatas preñadas, da granxa Gayoso Castro, á súa explotación coruñesa. En definitiva, uns moi bos resultados para unha das poxas máis importantes do ano, e unha das últimas citas da tempada organizadas por Acruga para poder adquirir exemplares da mellor calidade e de Raza Rubia Galega certificada.

⚙ Configurar cookies
0.037439823150635