A praza da Mosqueira, epicentro da poesía galega cunha nova edición do ciclo Versos na Barraca

LugoXa
As noites de Versos na Barraca serán presentadas polo director artístico, Lois Pérez, canda The Tarracos, formación musical do ciclo liderada por Luís Monsalve
Mosqueira
1 Xul 2024

O tenente alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou unha nova edición do ciclo de poesía Versos na Barraca, que volve un ano máis á praza da Mosqueira para achegar unha proposta "única en toda Galicia" ás tardes dos xoves. Versos na Barraca é a primeira proposta da área de Cultura para público adulto "dentro dunha intensa programación que complementa ao ciclo Tarde e Tardiña, para público infantil, e ao Muralleando, que volverá este ano para facer da praza da Mosqueira o gran escenario dos grupos de Lugo".

As noites de Versos na Barraca serán presentadas polo director artístico, Lois Pérez, canda The Tarracos, formación musical do ciclo liderada por Luís Monsalve. Cada un dos espectáculos comezará ás 20.00 e contarán coas poetas máis relevantes de Galiza como Olga Novo, Samuel Merino, Benxamín Otero ou Miriam Ferradáns.

Rubén Arroxo destacou que "con iniciativas como esta desde a área de Cultura consolidamos unha programación cultural estable durante todo o ano, dando opcións de lecer nun emprazamento único como é a praza da Mosqueira". O 4 de xullo chega Deter o tempo da man de Olga Novo e Eva Veiga, seguiralle o día 11 Palabra en tránsito con Silvia Penas e Samuel Merino e Se un día un verso con Pilar García Rego e Miriam Ferradáns o día 18. Xa en agosto, chegan Celso Sanmartín, Masha Álvarez e Benxamín Otero con Lalín Epicentro Terra o día 5

0.19130396842957