A praza da Mosqueira contará con árbores antialerxias

LugoXa
La plaza de la Mosquera en Lugo estará presidida por una pulpera y se han colocado árboles antialergias en su entorno
mosqueira BNG Lugo arbores colocacion
2 Maio 2022

O tenente alcalde, Rubén Arroxo xunto co edil de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, e persoal técnico municipal visitaron a Mosqueira onde se veñen de colocar as árbores ornamentais da nova praza.  A especie escollida, Prunus globosa, non produce alerxias, e permitirá que a Muralla manteña o protagonismo na praza.

A nova praza contará cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas. O tenente alcalde explicou que “isto permitirá mellorar a percepción  do monumento e abrir á veciñanza un dos espazos máis simbólicos da cidade”.

A nova praza da Mosqueira será un espazo multiusos, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de ocio, na que se respectará a visión dos arcos da Mosqueira e do edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira. O proxecto foi realizado co obxectivo de avanzar na mellora da percepción visual da Muralla, e a zona inferior, próxima á porta de San Pedro, conta cunha pavimentación novidosa en Lugo, que alterna céspede e baldosas.

A Mosqueira acollerá unha estatua dunha polbeira, elaborada polos artistas locais Honorio e Jorge Espiral, esta intervención será unha homenaxe a todas as polbeiras que se colocaban nesta zona cada feira de San Froilán. A estatua representará un anaco da historia de Lugo e lembrará a todas as mulleres que realizaban este traballo.

0.1118700504303