A Praza de Abastos e o Mercado de Quiroga Ballesteros abrirán durante o San Froilán

LugoXa
A concelleira Cristina López destaca que a medida responde ás necesidades do sector e mellora o servizo á veciñanza e aos turistas
Praza-de-Abastos-Lugo-cristina
2 Oct 2025

A concelleira de Participación e Servizos á Veciñanza, Cristina López, anunciou que a Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros permanecerán abertos durante as festas do San Froilán. Segundo explicou a edil, a medida da Tenencia de Alcaldía atende a “unha solicitude das e dos responsables dos postos, que permitirá que poidan dar un mellor servizo á veciñanza”.

O Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros funcionará no seu horario habitual os días 4 e 11 de outubro. López destacou que esta iniciativa “permite dar resposta ás necesidades do sector nestas datas de especial afluencia e contribúe a que o Mercado de Quiroga Ballesteros sexa un espazo referencial tamén durante a gran festa do outono galego”.

Con esta ampliación horaria, a Tenencia de Alcaldía reitera o seu compromiso coa Praza e co Mercado, apostando por ofrecer un mellor servizo ás veciñas e veciños de Lugo, así como ao numeroso público de turistas que chegará á cidade durante estas fins de semana.

⚙ Configurar cookies
0.10203099250793