A Praza de Abastos e o Mercado facturan máis de 48.880 euros na campaña de Nadal

LugoXa
A área de Participación agasallou a toda persoa que gastara máis de 40 euros en compras na Praza de Abastos ou no Mercado.
4 Xan 2024

A área de Participación agasallou a toda persoa que gastara máis de 40 euros en compras na Praza de Abastos ou no Mercado.

A concelleira da área de Participación e Servizos á veciñanza, Cristina López, deu conta dos datos rexistrados nesta edición da campaña O noso mercado é un agasallo, que tivo como obxectivo incentivar o consumo na Praza de Abastos e o Mercado Municipal e destacar a importancia de consumir produtos de proximidade no comercio local, especialmente durante a campaña de Nadal.

Durante as cinco mañás de promoción, rexistráronse máis de 1222 compras de máis de 40 euros, facturando os distintos postos da Praza e do Mercado unha cifra superior aos 48.880 euros. Cristina López explicou que estas xornadas son "dos días de maior facturación na Praza e no Mercado de todo o ano", e puido comprobar que "gran parte da veciñanza de Lugo aproveita estas dúas instalacións para realizar as súas compras de Nadal". A concelleira cualificou como "un éxito" a campaña, e afirmou que "seguiremos a promocionar dúas instalacións históricas como son a Praza e o Mercado".

A campaña celebrouse durante o mes de decembro do 2023 todos os sábados en horario de mañá. A área de Participación habilitou un posto durante os días de promoción no horario de apertura da Praza para que todas as persoas puideran achegarse cos tíckets dos distintos postos da Praza e do Mercado e canxealos polos distintos agasallos que se entregaron cada día, entre os que destacan varios deseños de bolsas reutilizábeis serigrafiadas cos cadros gañadores do certame de Pintura Rápida, poinsettias ou material promocional da Praza e do Mercado.

0.19847011566162