A Praza de Abastos e o Mercado Municipal de Lugo contan con máis de 100.000 puntos led
O acendido das luces de Nadal na Praza de Abastos e no Mercado Municipal de Quiroga Ballesteros deu comezo á campaña de Nadal en Lugo con máis de 100.000 puntos de luz led repartidos polas dúas instalacións.
A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, afirmou que "co alumeado de Nadal queremos convidar á veciñanza de Lugo a que se achegue á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal e que coñeza os produtos de primeira calidade que se venden nestas dúas instalacións históricas".
O acto contou coa animación musical da agrupación Claustromúsica e cunha degustación de productos dos distintos postos da Praza.
A Praza e o Mercado contan en total con 57 elementos decorativos, 12 arcos de luces no interior, 2 arcos na entrada da Praza e unha imaxe central a modo de photocall. En total, o alumeado conta con 107.600 leds repartidos entre ambas instalacións.