A praza de Augas Férreas acolle un ano máis o circuíto de Xirakarting
A praza de Augas Férreas acolle un ano máis ocircuíto de karting Xirakarting, a primeira e única actividade de karting móbil en Galicia.
Dende hoxe recibirá ao público ata o domingo en horario de 12:00 a 14:00. Lugo será a cuarta e última cidade galega que visite Xirakarting na súa 15ª edición, tras pasar xa pola Coruña, Ourense e Vigo.
Nesta décimo quinta edición de XiraKarting, os nenos e nenas de entre 3 e 7 anos poderán circular acompañados por un adulto nun kart biplaza e os que teñan entre 7 a 12 poderán conducir sós un kart infantil, con roldas propias para garantir a seguridade.
Este circuíto preséntase como líder no sector, cunha actividade dirixida a todos os públicos e situada no centro das principais urbes galegas. Ao longo destes quince anos XiraKarting non deixou de evolucionar, adaptándose aos novos tempos e respondendo os cambios producidos no sector. O que naceu como unha proposta á accesibilidade deste deporte a todos os públicos, converteuse ademais na maior plataforma e berce de pilotos do automobilismo galego.