A praza de Augas Férreas acollerá a XXV Concentración de Seat 600 de Lugo

LugoXa
O evento permitirá á veciñanza ver unha colección de vehículos históricos nunha xornada de ocio e diversión
Club-600-Lugo-Concentración-Seat
12 Sep 2025

A praza de Augas Férreas foi o escenario no que se anunciou a celebración da XXV Concentración de Seat 600 de Lugo, organizada polo Club 600 Lugo.

Durante a xornada, as veciñas e veciños poderán contemplar preto de medio cento de Seat 600 en distintas edicións, todos en bo estado de conservación, nunha cita que converte a Lugo na capital do emblemático vehículo do século XX.

O concelleiro de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas, que participou no acto acompañado pola concelleira de Educación e Difusión do Coñecemento, Iria Buide, destacou que se trata dunha data consolidada no calendario lucense e que esta celebración permite achegar actividades a todas as zonas da cidade.

Subliñou tamén o apoio das áreas da Tenencia de Alcaldía ás propostas do tecido asociativo e a disposición do Concello para colaborar na visibilidade dos proxectos locais.

⚙ Configurar cookies
0.082618951797485