A prevención de lumes centra un curso para o sector forestal en Portomarín
LugoXa
Portomarín acolle o vindeiro xoves, 19 de maio, unha xornada formativa do ciclo Cadeiras de Divulgación Forestal.
15 Maio 2022
Portomarín acolle o vindeiro xoves, 19 de maio, unha xornada formativa do ciclo Cadeiras de Divulgación Forestal. O curso versará sobre Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia.
A acción formativa durará unhas cinco horas e arrancará ás 4 da tarde do 19 de maio no pazo do Xeneral Paredes, na praza Conde de Fenosa de Portomarín.
O curso vai dirixido a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores productivos relacionados coa agricultura, gandeiría, industria agroalimentaria e cadea forestal – madeira. Ou ben a mozos do rural galego ou persoas que estean pensando en incorporarse ao sector.