A prevención de lumes centra un curso para o sector forestal en Palas de Rei

LugoXa
Palas de Rei acolle o vindeiro xoves, 16 de xuño, unha xornada formativa do ciclo Cadeiras de Divulgación Forestal.
Curso Portomarín
11 Jun 2022

O Concello de Palas de Rei acolle o vindeiro xoves, 16 de xuño, unha xornada formativa do ciclo Cadeiras de Divulgación Forestal. O curso, organizado polo Distrito Forestal IX Lugo - Sarria, versará sobre Aspectos prácticos da normativa en materia de montes e de prevención de incendios en Galicia.

A acción formativa durará unhas cinco horas e arrancará ás 16.00 horas do 16 de xuño no salón de actos do Centro Comarcal de Palas de Rei.

O curso vai dirixido a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores productivos relacionados coa agricultura, gandeiría, industria agroalimentaria e cadea forestal – madeira. Ou ben a mozos do rural galego ou persoas que estean pensando en incorporarse ao sector.

Os participantes deberán inscribirse no enlace foagro.xunta.gal/foagro/inscripcion/publica/accionsFormativas. Para máis información, pódese contactar coa organización no enderezo electrónico distrito.forestal9@xunta.gal ou no teléfono 982 828 620.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18055415153503