A previsión de choiva obriga a adiar os obradoiros de cultura urbana de Lugo
O Concello de Lugo vén de informar do adiamento dos obradoiros municipais sobre cultura urbana deportiva e artística que se celebran esta semana, diante da previsión meteorolóxica.
Así o comunicou esta mañá o edil de Xuventude, Mauricio Repetto quen explicou que, ante a previsión de choiva, as actividades íanse centrar nos deportes de Skate e Bmx ademáis como a disciplina artística Stencil, técnica de arte urbano que utilizan artistas como Bansky.
Obradoiros dirixidos a poboación de 12 anos en adiante, aínda que tendo prioridade a xente máis moza, coordinados e impartidos por profesionais recoñecidos. Desenvolveranse na pista de Skate ubicada en Paulo Fabio Máximo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
As actividades lévanse a cabo, a través do Servizo de Prevención de Drogodependencias e outras adiccións e está incluída no programa +Xti.