A primeira obra conxunta cos poemas póstumos de Eduardo Carreira presentarase en Castroverde
O CPI Plurilingüe de Castroverde acolle o vindeiro 22 de marzo a primeira obra conxunta que recolle poemas póstumos de Eduardo Carreira e relatos do seu fillo Edu Carreira. Os nabos de Gracián aglutina o traballo de Enriqueta Otero, Paco Pestana e As tres mapoulas de Montecubeiro nos textos de Xesús Trashorras Nogueira, As terras da inocencia de Xesús Bermúdez Tellado tor e a xénese da idea nuns versos de Cone Juan Morado, quen expresou acertadamente o que somos nas palabras do principio.
Os autores protagonizarán a presentación, que comezará ás 20.00 horas, e estarán acompañados de Pilar Ferreiro, concelleira de cultura e Ánxela Gracián, autora do prólogo. Na peza os autores tecen unha orixinal, aceda e caústica sátira na que se mestura a memoria, a denuncia e tamén o humor crítico.