A primeira Ruta de Enduro de Triacastela terá lugar durante todo o día de hoxe

LugoXa | SarriaXa
A primeira Ruta de Enduro de Triacastela terá lugar durante todo o día de hoxe ata as 21.00 horas da noite
terremoto club triacastela 1
25 Mar 2023

Triacastela acolle a súa primeira ruta enduro que pasará por Triacastela, Samos, O Courel e Pedrafita.

Esta actividade estará organizada por Team Zenon 4x4 Becerreá.

Os participantes sairán ás 09.00 horas e percorrerán os montes ata ás 13.30 horas, cando haberá un descanso para tomar un café de campaña e un picnic, despois reanudarase a ruta ata ás 20.00 horas.

Ás 21.00 horas haberá unha cea para poñer fin á ruta do polideportivo de Triacastela.

Ruta Enduro Triacastela
0.1608350276947