Castroverde prepárase para a proba BTT A Fortaleza

LugoXa
A proba de BTT A Fortaleza celebrarase no concello de Castroverde o vindeiro sábado 20 de abril.
btt_a_fortaleza
19 Abr 2024

A proba de BTT A Fortaleza celebrarase no concello de Castroverde o vindeiro sábado 20 de abril. O programa inclúe tres percorridos de diferentes lonxitudes e dificultades. Así, haberá dúas rutas BTT, unha de 30 quilómetros e outra de 50; e unha de Gravel, que abrangue 68 quilómetros.

As probas non terán carácter competitivo. A maior parte do itinerario transcorre por camiños rurais e forestais de Castroverde. O prazo de inscrición está aberto a través da plataforma ccnorte.com, onde as persoas interesadas poden ampliar a información sobre esta actividade.

Como principal atractivo, esta competición conta cunha proba de gravel de 68 quilómetros e 1.700 metros de desnivel. Nesta modalidade, os participantes percorrerán estradas afastadas do tráfico e, sobre todo, pista de grava e area. Ademais conta con dúas distancias de 50 quilómetros e 1.500 metros de desnivel e 30 quilómetros e 800 metros de desnivel. Unha competición que permitirá percorrer o patrimonio de Castroverde e pór en valor a súa historia ao tempo que se practica deporte ao aire libre e en compañía.

0.14179515838623