Este ano o Nadal contará cunha ampla programación cultural
A programación de actividades culturais do Nadal 2022 xa está competa e foi presentada hoxe por a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. A área de Cultura achegará o Nadal a distintos puntos da cidade, con actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos.
"O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra" indicou a concelleira de Cultura, que engadiu "contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións, entre as que se atopan obradoiros de panxoliñas no Vello Cárcere, ou o Rancho de Reis Xeitoso, unha actividade xa consolidada na programación do Nadal de cada ano, e que este ano volverá a Lugo os días 30 de decembro e 4 de xaneiro".
A programación do Nadal rematará coa volta da Cabalgata de Reis, que despois de dous anos realizándose de xeito estático debido ás distintas restriccións da pandemia, volverá percorrer as rúas de Lugo na tarde do día 5. Ferreiro explicou que “nos vindeiros días anunciaremos os espectáculos cos que os Magos de Oriente recibirán ás nenas e nenos de Lugo”.
Este ano terá lugar o Festival de artes escénicas Medrando no Nadal para a primeira infancia. Os xogos da shantal de Artistalia será unha das actividades que acollerá este festival, un espazo de xogo para manipular, xogar e aprender con diferentes elementos, formas, materiais, tamaños e texturas. Recomendado a partir dos 0 anos estará no recibidor do Auditorio Municipal Gustavo Freire os días 26, 27 e 28 de decembro das 16.00 ás 18.00. Os xogos do Shantal é un espazo onde os máis pequenos serán os protagonistas da festa, pensado para as súas necesidades, respectando o seu tempo e o seu desenvolvemento. Un rincón para favorecer a atención e o benestar do bebé fomentando a exploración sensitiva e deseñado para a experimentación sensorial e percepción corporal.
Este festival tamén acollera o espectáculo Crassh babies 2.0 de Wetumtum. Un espectáculo con música e humor para primeira infancia, a partir 1 ano que estará o 26 de decembro ás 17.00 e 18.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire e terá unha cabida por pase de 40 bebés e acompañantes. Crassh é unha combinación única de percusión, movemento e comedia visual, onde todo é un pretexto para producir son, cunha enerxía contaxiosa. Con diferentes sonoridades, dende a voz aos tubos de pvc pasando polos obxetos cotiás, todo serve para estimular os sentidos dos máis pequenos e proporcionar momentos únicos entre pais e fillos. Propoñemos unha viaxe polo mundo Crassh coa súa linguaxe vocal propia “crasshones”, entendida por todos, ata polos bebés. Con dúas personaxes de carácter forte e musicalidade extrema, que son quen de sorprender coa súa interacción permanente cos participantes. Con esta relación entre sons, nenas, nenos e acompañantes, a diversión está garantizada.
Sensacional de Imaginart será outro dos espazos de sensacións audiovisuais para nenos e nenas de 18 meses a 3 anos que estará neste medrando no nadal. A actividade será o 27 de decembro e haberá 4 pases de 15 minutos, ás 16.30, 17.00, 17.30 e 18.00 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire e cada pase terá unha cabida de 10 bebés e acompañantes. Sensacional é un estourido de imaxes e sons que se propagan por todas partes. Unha experiencia visual e sonora sorprendente. Un chan brando de cor branca. Todo é de cor branca, incluso o vestiario que os nenos e nenas levan despois de cambiarse de roupa antes de entrar no escenario. O chan é unha gran pantalla sobre a que se proxectan imaxes de alta resolución que cubren todo o espazo e os corpos dos participantes. Os nenos e as nenas déixanse levar pola forza das imaxes, polo xogo que éstas provocan e pola suxerente banda sonora. O funcionamento e que cada nena/o pode ir acompañado únicamente dun adulto que non participará directamente na actividade e a compañía facilita a cada nena e neno o vestiario branco para participar na actividade.
Nidos de Projecte Nius é un espectáculo para redescubrir o poder da calma e a esencia da beleza para nenas e nenos dos 0 aos 18 meses. Será o 28 de decembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire e contará con dous pases, un ás 16.30 e outro ás 18h. Cada pase terá unha cabida de 50 persoas bebés e adultas incluídas e unha duración de 45 minutos. Nidos é unha invitación para toda a familia a vivir a arte cos cinco sentidos. O espectáculo está adicado ao momento único dos primeiros 18 meses de vida. Celebramos, nun espazo tranquilo e seguro, cheo de beleza, música, arrecendos, cores e texturas, a chegada da vida en forma de panza e latexo. Desde a tenrura e o xogo, disfrutamos o descubrimento do corpo, os sons e o espertar das memorias da nosa infancia.
O festival contará tamén cun Espazo de xogo miudiño, un lugar de xogo libre para persoas pequenas e maiores. Estará o 29 de decembro de 16.00 ás 17.00 horas e de 18.00 a 19.00 horas no recibidor do Auditorio Municipal Gustavo Freire e o 30 de decembro de 16.00 a 19.00 horas no mesmo lugar.
A Música das Buguinas de Mamá Cabra e Bellón Maceiras é unha fermosa proposta que une música tradicional cun conto que nos leva polo coñecemento das nosas músicas para nenas e nenos a partir de 2 anos. Será o 29 de decembro cun único pase ás 17h no Auditorio Municipal Gustavo Freire cunha duración de 50 minutos e cabida para 80 persoas. A Música das buguinas é un espectáculo en directo conxunto de Mamá Cabra e BellónMaceiras. Sobre a idea orixinal dos concertos didácticos de música tradicional de BellónMaceiras, Pepablo Patinho escribe o conto da Música das buguinas. Unha proposta que nos ensina a amar e coñecer a nosa música e no que imos descubrindo como soan e como son diferentes instrumentos: gaita, acordeón , guitarra, percusións, instrumentos de vento… neste fermoso espectáculo músico-teatral de BellónMaceiras e Mamá Cabra.
Esta programación do medrando no nadal conta tamén ca peza de teatro Nube, nube, sol de Teatro ó Cubo. Unha peza de teatro pensada para as máis pequenas con un traballo de teatro físico, música e moita cor en escenario que será 0 30 de decembro e contará con dous pases un ás 17.00 e outro ás 18.00 no Auditorio Municipal Gustavo Freire, cada pase terá unha duración de 45 minutos e unha cabida de 60 persoas. As nubes chegan. Chove. Sae o sol. A natureza esperta para encherse de cores. Ó amparo dos paraugas atoparemos agocho, bailaremos, cantaremos, e acompañados de pintorescos animais seremos parte da mesma paisaxe. Nube nube sol métenos de cheo na diversión e na aprendizaxe de todo o que a choiva e o sol provocan na nosa contorna. A través do corpo, o xesto, o canto e a música, Teatro ó Cubo achega á primeira infancia a maxia dos ciclos da natureza e a importancia da choiva para que todo medre.
Unido a esta programación do medrando no nadal pensada para os mais cativos a área de cultura programa outras actividades como O Rancho de Reis xeitoso un espectáculo de danzantes, cantareiras e cantareiros de oxeito que faran danzas e cantos de nada o 30 de decembro e o 4 de xaneiro ás 18h polo recinto histórico.
Haberá tamén un Concerto de Aninovo a cargo da Banda Filarmónica acompañada de Sara Pérez Cruz, Tamara M. Santamariña Sanmartín, Grupo Baile Irlandés, Hector Oropeza e Diego Ventoso que será o 3 de xaneiro ás 20.00 no auditorio Municipal Gustavo Freire.
O días 26, 27, 28, 29, 30 de decembro e 2, 3 , 4 e 5 de xaneiro entre ás 11.00 e ás 13.00 o Vello Cárcere acollerá obradoiros de panxoliñas tradicionais para aprender e disfrutar dos nosos cantos tradicionais con profesores especialistas, utilizando diversos nstrumentos coma a guitarra, o ukelele e pequena percusión. Será dous grupos por día de 15 participantes por día e grupo e as inscricións poderanse realizar a través do teléfono 982 297 195 ou no correo vellocarcere@lugo.gal. O primer grupo será das 11.00 ás 12.00 e o segundo das 12 ás 13 horas. O día 5 de Xaneiro haberá unha mostra final na Cabalgata.
O broche final a este Nadal será a Cabalgata de Reis o 5 de xaneiro con saída ás 18.00 do parque da Milagrosa.