A programación de actividades infantís da Biblioteca Pública dará comezo este venres

LugoXa
La Biblioteca Pública de Lugo arranca este viernes con la programación de actividades dirigidas a un público infantil.
biblioteca publica lugo
1 Dec 2021

A Biblioteca Pública en Lugo centra a programación de decembro no público infantil, con diferentes espectáculos de narración oral todas as semanas. Ao longo do mes haberá tamén exposicións arredor do belén de Begonte, que fai 50 anos en 2022, de carteis divulgativos sobre mulleres pedagogas pioneiras, e de imaxes participantes no XXVII Maratón Fotográfico del Campus Terra de la USC. A información sobre as actividades, que requiren de inscrición previa, pode consultarse na web do centro bibliotecario.

A axenda arranca este venres, cun faladoiro para público de oito a 12 anos coa escritora Antía Yáñez arredor da súa novela Plan de rescate. Na conversa abordaranse as aventuras que poden chegar a vivirse nas escolas e que os nenos e nenas con diversidade funcional tamén poden ser heroes e heroínas.

A vindeira semana, o día 10, será a quenda de Pavís Pavós con Historias da marquesa, un espectáculo de narración oral dirixido á rapazada de catro a 12 anos, cheo de contos gardados na maleta que deixou en herdanza a marquesa Valisneria. Na xornada do 17 chega Migallas Teatro con Contos nas orellas, unha actividade para todos os públicos na que gozar da tradición oral a través de historias e música. Todas estas as sesións terán lugar ás 18,00 horas.

Xa o día 23, ás 17,00 horas, Chus Álvarez ofrecerá contos e cancións para xogar ás agachadas e adiviñas para descubrir o mundo a través de Ollo, Piollo!, para bebés de un a tres anos. Como peche, o 30 de decembro ás 18,00 horas, Mario Tomás compartirá a historia do neno africano Hamar. Trátase dunha actividade de narración oral adornada de certo realismo máxico para descubrir outras historias que teñen eco na nosa realidade cotiá. Está dirixida á rapazada de catro a 12 anos.

Pedagogas pioneiras
Canto ás exposicións do mes, o día 1 instalaranse Educación en feminino: un paseo pola historia e 50 anos do belén de Begonte: 1972-2022. A primeira delas componse de carteis de mulleres pedagogas de todos os tempos e de diversas de orixes que desenvolveron un traballo meritorio, pioneiro ou innovador. As pezas están realizadas polo alumnado da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Santiago de Compostela no Campus de Lugo.

Pola súa banda, a exposición sobre o belén de Begonte está organizada polo colectivo Egeria en colaboración co Centro Cultural José Domínguez Guizán e co apoio da Xunta e do Concello de Begonte. Ambas mostras poderán visitarse ata o 21 de decembro.
A partir desa data abrirase a exposición XXVII Maratón Fotográfico del Campus Terra de la USC, que permanecerá ata o 27 de xaneiro coas imaxes premiadas no certame xunto a 18 máis  seleccionadas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18721103668213