A programación do Gustavo Freire para comezos de 2023 contará con teatro para a primeira infancia como novidade
A programación teatral que terá lugar no Auditorio Municipal durante os primeiros meses de 2023 xa está lista segundo anunciou a concelleira de Cultura Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro. A concelleira explicou que "contamos con preto de 40 actividades culturais con contidos para todos os públicos, que terán lugar entre o 12 de xaneiro e o 30 de xullo”.
"Quixemos poñer o foco nas producións de artes escénicas de mellor calidade feitas en Galicia, que serán o fío condutor da programación, e contaremos tamén con obras internacionais de calidade contrastada", explicou Maite Ferreiro, que engadiu "esta programación está pensada para o deleite das amantes do teatro e para facilitar un achegamento a esta arte por primeira vez, traendo a Lugo o mellor do teatro galego xunto cunha coidada selección de propostas premiadas en importantes festivais".
Como novidade, a área de Cultura organiza o ciclo de teatro para a Primeira Infancia, cunha proposta cada mes do chamado teatro para bebés, que contará con dous pases de cada función.
A programación inclúe en total 37 actividades, con 16 propostas para público adulto, 6 enmarcadas no ciclo Lugo en Danza e 15 para público familiar. Para acceder ao recinto será preciso adquirir entrada no portal entradaslugo.es ou de maneira presencial na oficina municipal de turismo, cun prezo de 5€ nas actividades para público adulto e 3 nas actividades familiares.
Ademais haberá bonos a un prezo de 48€ nas actividades para público adulto e de 20€ para as actividades adicadas a público familiar, que permitirán acceder ás distintas actividades. No caso do ciclo Primeira Infancia, o bono terá un prezo de 10€ e para as actividade de danza do ciclo LED, 18€. As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG terán un desconto do 30% nas actividades para público adulto.
Programación para público adulto 1º semestre 2023
12 de xaneiro, 20.30 O refuxiado de Straciatella Teatro (Iria Lamas Alsina).
19 de xaneiro, 20.30 Bravas de Isabel Risco.
26 de xaneiro, 20.30 A nai de Amorodio teatro.
2 de febreiro, 20.30 Como hemos llegado hasta aquí de Teatro del Barrio.
9 de febreiro, 20.30 Alma de tigre de Elefante Elegante.
16 de febreiro, 20:30 Esas cousas marabillosas de Empatía Teatro.
23 de febreiro (Vello Cárcere), 20:30 Sexpiertos de Tanttaka teatroa.
13 de abril, 20.30 Unha inimiga do pobo de Talía Teatro.
20 de abril, 20:30 Hamelin de Redrum Teatro.
4 de maio, 20:30 Para acabar con Eddy Belleguele de La joven.
11 de maio, 20:30 Un hotel de 1ª sobre o rio do CDG.
14 de maio, 18.30 Los días ajenos de Bob Pop e El terrat.
18 de maio, 20.30 3240 de DeuVe.
25 de maio, 20.30 A música amansa ás bestas de Limiar Teatro.
1 de xuño, 20.30 Los Remedios de la Compañía Ex-límite.
8 de xuño, 20.30. The Witch de Diana Sieira.
Programación ciclo Lugo en Danza (LED) primeiro semestre 2023
27 de xaneiro, 20.30 Pioneiras de Xian Martínez.
17 de febreiro, 20.30 XENÉRICA + FUGACES + PICNIC ON THE MOON de Cia Colectivo Glovo, Cia Exire e Cia Júlia Rodino i Alexa Moya respectivamente.
31 de marzo, 20.30 Demente de Fran Sieira.
28 de abril, 20.30 Festina Lente de Vacaburra-Andrea Quintana.
26 de maio, 20.30 A idea primaria é esnaquizalo a cabezadas de María Llanderas.
30 de xullo, 20.30 Hidden de Lali Ayguadé Company.
Programación infantil primeiro semestre 2023
15 de xaneiro, 18.30 Os fabulosos cleaners de Malasombra Producións.
Sábado 21 de xaneiro, 18.30 Laika de Xirriquiteula Teatre.
22 de xaneiro, 18.30 Ninja de Teatro Ghazafelhos.
5 de febreiro, 18.30 La niña de las trenzas al revés de El callejón del gato.
19 de febreiro, 18.30 Little Neno descobre aos Rolling de A Reixa Produccións.
26 de febreiro, 18.30 La fábula de la ardilla de La Baldufa teatre.
16 de abril, 18:30 Wombo Combo de Galeatro.
30 de abril, 18.30 Las cotton de Anita Maravillas.
21 de maio, 18.30 O rapto da Befana de Olivas Negras.
11 de xuño, 18.30 Roedores de Redrum Teatro.
Programación ciclo de Primeira Infancia primeiro semestre 2023
29 de xaneiro, 16.30 e 18.00 Musicalmente de Paulo Lameiro.
12 de febreiro, 16.30 e 18.00 Y las ideas vuelan de Animal Religion.
23 de abril, 16.30 e 18.00 Ventanas de Teatro Paraíso.
7 de maio, 16.30 e 18.00 Redondo de Caramuxo Teatro.
4 de xuño, 16.30 e 18.00 Univers de Engruna Teatre.