A proposta festivaleira estival do 2023
O que queda de verán concentra numerosas citas musicais na provincia.
Os meses de agosto e setembro concentran o que resta de festivais de música na provincia de Lugo. Atrás quedaron outras citas obrigadas, como o FIV de Vilalba ou o Resurrection Fest de Viveiro, o primeiro encargado de abrir o tempo de festivais e o segundo como un referente internacional.
Pero aínda queda moito por celebrar. A primeira fin de semana reuniu tamén varias citas obrigadas de festivais, entre o que destaca o de Pardiñas, un referente na programación da provincia xa que é Festa de Interese Turístico Galego. Este ano celebrou a súa 44 edición reunindo novamente ao máis destacado do panorama folclórico e étnico.
Xunto a este tamén Sarria viviu un dobrete de celebracións a primeira fin de semana. Así, arrancou o Sarria Blues no Camiño, que este ano tivo lugar do 3 ao 6 de agosto e que incluíu diferentes actividades, ademais dos distintos concertos.
Mentres o blues é o protagonista, a música de festa é a que caracteriza tamén ao Verbena Fest, que tamén en Sarria celebrou a quinta edición dunha cita imprescindible.
Do 3 ao 5 de agosto de 2023, Antas de Ulla e Monterroso, acolleron unha nova edición do Festiulloa, o Festival de Música de Cámara da Ulloa, que chega a súa 14ª edición.
Este festival de música clásica e actividades medioambientais está organizado pola asociación Quercus Sonora.
A primeira fin de semana de agosto, Barreiros rende homenaxe aos seus fillos emigrados que adoitan retornar á súa terra de orixe polo menos durante o verán. Así, no Festival Internacional do Emigrante, a alegría está asegurada coa queimada, os petiscos e a música de diferentes agrupacións folclóricas.
O Concello de Cervo convida a gozar do Festival Folclórico internacional e Infantil que se celebrou en San Cibrao, na Praza dos Campos, a primeira fin de semana de agosto da man do Grupo Folclórico Mistura.
Durante o mes de agosto as distintas localidades da Mariña acollen o Festival Bal y Gay, o único a nivel nacional. Enche cada ano de música en vivo de calidade, afianzando esta comarca lucense como destino cultural de referencia en Galicia e España.
A mediados de agosto destacan dúas citas xa habituais do programa anual. Un deles é o Festival 27327, en Begonte, que se celebra no club fluvial da localidade con sesión vermú, aberto de billarda e campionato de cimbrón incluído.
Outro é o Rabafolc, que este ano aínda non presentou o programa xa que forma parte das festas patronais, que organiza o Concello.
Na Chaira tamén destaca outra cita, o Festival Pozo Mouro, que combina música de diferentes tipos con outras actividades culturais.
Máis ao sur da provincia está previsto o Trece Roeis Fest de Pantón, que este ano acollerá a 18 grupos de música rock; ou o Ribela Love&Nature de Sarria, que se amplía a dous días e terá a 16 artistas no seu cartel.
Queda aínda sen confirmar se haberá Fich Chantada.
Para rematado agosto destaca Festival Terra Brava do Incio coa participación de aqueles que queren poñer en valor o traballo de grupos galegos por facerse oír nun contexto no que cada vez se aposta máis pola creación musical propia.
Mención aparte merece o Agrocuir, unha iniciativa celebrada no rural que ten como obxectivo reivindicar a diversidade sexual e de xénero neste ámbito. Aínda non hai programa sobre a súa continuidade.
SETEMBRO
Abrirán o mes de setembro outras tres citas, o Trementerra do Incio e o Osa do Mar de Burela, ao que se suma tamén o Xara Fest en Ribadeo.
Completan o mes outros dous festivais, o Parga Rock, que se celebra na parroquia de Guitiriz que lle da o nome, e o Caudal Fest, de Lugo, do que tamén hai xa cartel.
Pero antes de que acabe o ano Lugo completa a programación festivaleira con tres novas citas, a primeira é en outubro o Castañazo. Ese mesmo mes terá lugar o Festiblus e rematará o ano o Festival de Jazz, que se prolongará durante tres semanas na capital da provincia.
PROGRAMA
-
- Sarria Blues no Camiño
(3-6 agosto) - Verbena Fest Sarria.
(4-5 agosto) - Festiulloa. Monterroso
(4-5 agosto) - Pardiñas. Parga-Guitiriz
(4-6 agosto) - Festival Folclórico San Cibrao
(5-6 agosto) - Festival Folclórico do Emigrante. Barreiros (6 de agosto)
Bay y Gay. A Mariña
(todo agosto) - 27373. Begonte.
(12 agosto) - Rabafolc. Rábade
(mediados agosto) - Trece Roeis Fest. Pantón
(18-19 agosto) - Ribela Love&Nature. Sarria
(18-19 agosto) - Fich Chantada
(mediados de agosto) - Pozo Mouro. Muimenta
(19 agosto) - Terra Brava. O Incio
(25-26 agosto.) - Agrocuir. Monterroso.
Finais agosto. Sin confirmar - Trementerra. O Incio
(1-2 setembro) - Osa do Mar. Burela
(1-2 setembro) - Xara Fest. Ribadeo
(2 de setembro) - Parga Rock. Parga-Guitiriz
(9 setembro) - Caudal Fest. Lugo
(15-16 setembro) - Castañazo. Lugo
(27-28 outubro) - Festival dos Eidos. Folgoso
Finais outubro - Festiblus. Lugo
(14-22 outubro) - Festival de Jazz. Lugo
(4-20 novembro)
- Sarria Blues no Camiño