A provincia rebaixa do milleiro de casos de covid

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Balance da situación da covid-19 nas distintas comarcas da provincia de Lugo. Casos activos, contaxios e defuncións concello a concello.
vacinacion covid
19 Feb 2021

A provincia continúa reducindo o número de casos activos de covid e nesta xornada de venres xa está por debaixo do milleiro.

Así, son 952 casos activos, que son 78 menos que onte. Na xornada anterior o descenso foi de 66.

Rexistráronse nas últimas 24 horas 36 casos novos (onte foron 34), o que implica unha estabilización neste volume constante dende hai días. Ademais, as altas chegaron ás 10.307, 111 en 24 horas, o día anterior foron 102.

Dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do pasado ano, hai 11.452 casos rexistrados e 198 persoas falecidas. 2 máis que onte, dous varóns de 77 e 86 anos ingresados no Hula.

A presión hospitalaria volve baixar. Nas UCI hai 21 ingresados (1 menos que onte), todos no Hula, e en planta hai 41 enfermos, 8 menos, 29 no hospital de Lugo (5 menos), 1 na Mariña (1 menos) e 8 en Monforte (2 menos). O Polusa de Lugo segue cun enfermo ingresado.

A vacinación comezou xa nos distintos concellos entre o persoal de Axuda no Fogar.

POR COMARCAS

A Mariña

Viveiro frea a piques de rematar o gromo mentres Burela xa está por debaixo de 1o contaxios novos nos últimos 15 días.

  • Viveiro continúa hoxe con 22 casos.
  • Burela xa está por debaixo de 10.
  • Barreiros, Trabada e Lourenzá non teñen casos novos nos últimos 15 días.

Terra Chá

Guitiriz segue sumando casos pero moi lentamente o que indica que pode estar no pico da curva. No resto a situación continúa mellorando.

  • Vilalba continúa á baixa con 50 casos, 2 menos.
  • Guitiriz suma 2 casos máis e chega a 121.
  • Cospeito rebaixa 2 ata 10.
  • Outeiro de Rei queda con 12 contaxios.
  • Pol, Abadín e Xermade están sen casos novos nos últimos quince días.
  • No veciño Concello das Pontes rebaixa 2 casos ata 32.

Centro da provincia

Lugo rebaixa a súa lista de casos novos malia o gromo dectatado no barrio de Paradai e onde hai presenza da cepa británica. Queda xa fóra de perigo Palas de Rei e quedan como destacados o Corgo e Guntín, este no límite, con 10 casos.

  • Lugo segue á baixa, con 7 casos menos, 257 en total.
  • Palas de Rei remata a baixada dende o gromo poñéndose por debaixo de 10.
  • Guntín mantén 10 casos.
  • O Corgo tamén mantén 22.
  • A zona da Montaña continúa con varios concellos sen casos nos últimos días como Negueira de Muñiz, Navia e Ribeira de Piquín. Tamén Antas de Ulla está nesta situación.

Comarca de Sarria

Só queda a vila de Sarria con máis de dez casos activos, pero segue reducindo a incidencia día a día.

  • Sarria reduce ata 20 casos, 4 menos que onte.
  • Samos, O Incio e O Páramo están xa sen casos novos dende hai 15 días.

Ribeira Sacra

Nova baixada importante en Monforte e con todos os concellos á baixa. Só quedan Taboada e Sober por riba de 10 casos.

  • A vila de Monforte contabiliza hoxe 70 casos, 12 menos.
  • Taboada segue con 14.
  • Pobra do Brollón ponse tamén por debaixo de 10.
  • Sober rebaixa 6 casos ata 12.
  • Folgoso do Courel está sen casos dende hai máis de 15 días.
0.20704793930054